04/12/12

COMISIÓN NEAE VIGO

Somos un grupo de mamás, papás e especialistas colaboradores que conformamos un grupo de traballo ao amparo da Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Vigo e comarca (FOANPAS) con unha clara finalidade: REIVINDICAR OS DEREITOS D@S NOS@S FILL@S CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO (NEAE), tanto no ámbito social como no escolar e sanitario.
Posto que os nenos e nenas con diversidade funcional tamén xogan, senten e VIVEN, é unha necesidade introducir nos servizos municipais da nosa cidade, a PERSPECTIVA INCLUSIVA cando se programa, oferta, dieeña e implementan accións e servizos para todos, tanto para nenos e nenas "convencionais" como para @s que teñen diversidade funcional. TOD@S MEZCLAD@S! Isto é moi importante para que uns e outros poidan xogar, interactuar, motivarse e aprender xunt@s.



Queremos SERVIZOS para tod@s.
Queremos que os nenos e nenas da cidade de Vigo medren vivindo na diversidade real do mundo e compartindo experiencias que lles posibiliten ser ciudadáns con plenos dereitos, autónomos e  competentes.
@s nos@s fill@s teñen dereito a ir ao cole, cos seus comedores e actividades extraescolares CON TODOS Y COMO TODOS.  O dereito de participar en campamentos urbanos con todos, como todos. De practicar deporte nas instalacións deportivas municipais con todos, como todos. De divertirse no parque infantil máis próximo á súa casa con todos, como todos.
Hoxe por hoxe, en diferentes situacións cotiás, @s nen@s con mobilidade reducida de Vigo quedan sentad@s mirando como @s seus irmáns e amig@s xogan, se divierten, desfrutan do pracer de ser nen@s... mentres el@s só poden observar e quedar coas ganas de imital@s, explorar e medrar.
¿POR QUE? ¿É XUSTO? ¿QUE PODEMOS FACER?
Así chegamos a esta iniciativa. Empezamos conformando unha rede de apoio para as familias que detectan vulneración de dereitos cos seus fillos e fillas con necesidades específicas de apoio educativo nos centros escolares.  Esa rede de apoio abriuse a un entramado psicosocial de colaboración, asesoramento, denuncia, mediación e empoderamento das familias con necesidades específicas mediante interpretación de lexislación educativa e elaboración de propostas a presentar en distintos sectores da Administración.
Actualmente, este grupo trata de visibilizar ao colectivo NEAE para darlle valor á súa parte positiva e enriquecedora para o conxunto da sociedade, mediante a sensibilización social e os esforzos compartidos cara o logro dunha correcta e debida inclusión educativa e social, pensando nun futuro construído por e para ciudadáns libres, autónomos e con plenos dereitos executables.
¿Para que un blog?

Nestes anos de andadura démonos conta de que moitas persoas cercanas viven situacións similares ás nosas, pero nin atopan o apoio/orientación axeitadas nin se senten motivadas para denunciar ou, en moitos casos, non saben como facelo. Séntense sobrepasadas polas circunstancias. Para elo, creamos un blog que nos sirva como medio de denuncia e mobilización. Onde poidamos elaborar propostas e escoitar demandas. Un lugar no que compartir experiencias positivas que nos axuden a seguir adiante e que reforce o poder da denuncia cundo sexa necesario.
Un virtual mundo no que seguir axudándonos e onde poedades consultar as vosas dúbidas...
Un mundo virtual que trascenda e nos permita construir unha realidade mellor para todos...

...CON TODOS, COMO TODOS

GRAZAS. COMISIÓN NEAE